|
A Consellería de Economía e Industria publica no DOG do 28 de setembro o programa de axudas e subvencións para o fomento do uso das deduccións fiscais e das bonificacións nas cotizacións a Seguridade Social por actividades de investigación, desenvolvemento e innovación en Galicia.
Poden ser beneficiarios as persoas físicas que actúan como empresarios individuais ou as persoas xurídicas con forma de sociedade privada validamente constituídas no momento de presentación da solicitude mediante escritura de constitución, no seu caso debidamente inscritas nos correspondentes rexistros oficiais, cando este requisito fose esixible segundo a lexislación mercantil aplicable. Así mesmo, os beneficiarios destas subvencións deberán ter o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia. Non terán a condición de beneficiarios as asociacións de empresas ou outras entidades sen ánimo de lucro. O prazo de presentación das solicitudes remata o vindeiro 13 de novembro de 2009 e para mais información podedes ir ao enlace da orde ou polos seguintes medios postos a disposición pola Dirección Xeral de I+D+i: páxina web oficial da consellería http://economiaeindustria.xunta.es, na súa epígrafe de axudas e na oficina virtual, nos teléfonos 981 95 73 93, 981 95 73 90 e 981 95 73 91 da devandita dirección xeral, no enderezo electrónico
This e-mail address is being protected from spam bots, you need JavaScript enabled to view it
ou presencialmente. |
|
Tuesday, 29 September 2009 |
|
|
Dentro das liñas de actuación do Plan avanza atopamos a normativa reguladora para a concesión de créditos bonificados a fondos ou entidades de capital risco para fomentar inversións en empresas de base tecnolóxica do sector TIC, sempre que se atopen domiciliadas en España e respecto a actividades realizadas dentro do territorio nacional, no marco do Programa Emprendedores na Rede.
Poderán solicitar a concesión de créditos bonificados todos aqueles fondos e entidades de capital risco debidamente inscritos no Rexistro da Comisión Nacional do Mercado de Valores. Características e requisitos dos créditos bonificados: os créditos concedidos por Red.es aos fondos ou entidades de capital risco non devengarán intereses e a súa contía por proxecto individual estará comprendida entre 300.000 € e 2.500.000 €. Red.es subscribirá, cos fondos ou entidades de capital risco beneficiarios dos créditos os correspondentes contratos de préstamo, que se suxeitarán ao disposto na presente orden e nas correspondentes convocatorias. Para a concesión dos créditos non se esixirán garantías adicionais as do propio proxecto empresarial TIC ao que se destine o crédito concedido por Red.es. Os créditos bonificados, unha vez adoptada a súa resolución de concesión, serán sempre aboados conforme a planificación de ampliacións de capital da EBT obxecto da operación, establecidos nos propios proxectos ou accións obxecto do Programa Emprendedores na Rede, de tal forma que os pagos realizados por Red.es sexan simultáneos as correspondentes aportacións de capital desembolsadas polos partícipes do fondo. |
|
Monday, 28 September 2009 |
|
Leer Máis...
|
|
|
A Cámara de Comercio de Pontevedra organiza unha acción formativa de carácter gratuíto dirixida a emprendedores e comerciantes cos obxectivos de capacitar ó emprendedor para valorar a viabilidade da súa idea e poñela en marcha, ou de rendibilizala ó máximo se xa está en funcionamento. Os contidos serán teóricos e prácticos abarcando as distintas áreas do negocio, dende a elaboración dun plan estratéxico ata a súa posta en marcha e consolidación tendo unha duración total de 200 horas. A modalidade da formación será mixta presencial e con apoio en liña e haberá actividades destinadas a novos emprendedores e a sucesores de establecementos e tamén accións formativas de carácter práctico. A distribución das 200 horas farase en tres bloques temáticos: diagnóstico previo, impartición presencial e apoio en liña. As inscricións deben realizarse antes do día 5 de outubro para poder reservar praza e acceder á preselección de participantes, que será realizada polo Director do proxecto. Par realizar as citadas inscricións deberanse facilitar os datos de nas seguintes direccións: Viveiro de Empresas da Cámara e Comercio R/ García Camba, 8 – 1ºEsq – Pontevedra 986 10 95 89
This e-mail address is being protected from spam bots, you need JavaScript enabled to view it
This e-mail address is being protected from spam bots, you need JavaScript enabled to view it
Cámara de Comercio de Pontevedra Xardíns de Vincenti, 4-2º - Pontevedra 986 86 86 03
This e-mail address is being protected from spam bots, you need JavaScript enabled to view it
|
|
Tuesday, 22 September 2009 |
|
|
A Xunta de Galicia a través do Igape pertencente e Consellería de Industria e Comercio, aprobou dous plans coa finalidade de mobilizar avais para empresas, microempresas e autónomos da comunidade autónoma galega por un valor de 150 millóns de euros que lles dotarán do circulante suficiente e da liquidez que lles permita xerar novas operacións. As medidas que teñen como obxectivo reactivar o tecido empresarial estarán dispoñibles a finais de mes e nelas a Xunta compartirá os riscos coas entidades financeiras e coas sociedades de garantía recíproca. A continuación describiremos cada una das dúas liñas que se poñen en funcionamento: AVAIS PARA CRÉDITOS DE ATA 3,5 MILLÓNS Este primeiro plan mobilizará garantías de pago por importe de 100 millóns de euros e permitirá o acceso a liñas de financiación adicional a empresas a través de liñas de crédito, de desconto, así como para o adianto de efectos comerciais e de xestión de pagos a provedores. Asimesmo o plan aspira a garantir novas operacións financeiras cubrindo entre un 40 y un 60% o importe do préstamo ou crédito. O importe do aval do Igape oscilará entre os 120.000 euros e os 2,1 millóns, alcanzando ata o 40% do concedido para circulante, o 50% no crédito por adianto de efectos comerciais e o 60% polo adianto para o pago a provedores. As garantías aportadas serán compartidas entre o Igape e as entidades financeiras adheridas a este plan e as características de financiación fixan un importe de entre 300.000 euros e 3,5 millóns, instrumentado a través dunha póliza de crédito ou de préstamo. O prazo de financiación non excederá dos dous anos. Os trámites administrativos comporanse dunha solicitude ante o Igape por parte do beneficiario, acompañada da documentación requirida e nun prazo de 25 días os técnicos verificarán que se cumpren as condicións e que a información do solicitante está completa. As operacións serán aprobadas por un comité de inversión que se reunirá quincenalmente. A Consellería de Economía prevé que o proceso se complete en 45 días aproximadamente. |
|
Tuesday, 22 September 2009 |
|
Leer Máis...
|
|
|
O Igape ven de deseñar un novo plan de financiamento para as pemes a través do Programa Re-imaxina. O plan consiste na habilitación de tres liñas de financiamento que xorden da colaboración entre o propio Igape, as entidades financeiras e diferentes sociedades de garantía recíproca. Poderán ser beneficiarios das liñas de financiamento, ademais das microempresas, emprendedores e pemes, as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que carecendo de personalidade xurídica poida levar a cabo as actividades que motivan a concesión da subvención. Nestes casos deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiario lle correspondan á agrupación. Así mesmo, non poderá ser disolta a agrupación ata transcorridos os 4 anos de prescrición legal. O obxectivo que se pretende é facilitar o financiamento nos investimentos das microempresas, dos emprendedores e das PEMES para a súa mellora competitiva. Trátase de tres liñas independentes polo que non poderán concorrer no financiamento dun mesmo proxecto préstamos das distintas liñas. Si serán compatibles con outras axudas públicas e privadas sen que, en ningún caso, poida superar os límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola normativa da Unión Europea. A continuación describiremos as diferentes liñas:
Liña 1. Microempresas: Esta liña é específica para aquelas empresas, con domicilio fiscal en Galicia, que teñan a consideración de Microempresas e que teñan algún centro de traballo na Comunidade Autónoma galega. Poderán concorrer a mesma as empresas de tódalas actividades económicas agás actividades relacionadas coa exportación, a creación de redes de distribución e investimentos vinculados á actividade de exportación e actividades do sector do carbón. Os requisitos do proxecto serán que o investimento deberá consistir na adquisición de activos a terceiros e será financiado ata o 100% dos investimentos considerados como financiables. O risco vivo de cada empresa por operacións financeiras formalizadas ao abeiro desta liña non poderá superar os 25.000 €. O prazo de reembolso será de 5 anos, incluído ata 1 ano de carencia de todos modos o beneficiario/a poderá amortizar sen custo a operación financeira de xeito anticipado, total ou parcialmente. Respecto aos investimentos e/ou gastos computables, polo que se refire a inmobilizado material poderemos imputar reforma e axeitamento de locais, bens de equipo e unidades funcionais de explotación independente, elementos de transporte, exclusivamente vehículos industriais, agás vehículos de transporte de mercadorías por estrada por parte de empresas que realicen esta actividade por conta allea, honorarios facultativos de proxecto e dirección de obra e outros investimentos en activos fixos materiais. Dentro do inmobilizado inmaterial, poderemos imputar gastos orixinados por aplicacións informáticas, propiedade industrial e intelectual, canons de entrada de concesións administrativas ou de franquías e investimentos de acondicionamento realizados nun local arrendado sempre que queden definitivamente incorporados a aquel. As condicións do préstamo serán un tipo de xuro nominal anual aplicable fixo do 3,144 %. |
|
Tuesday, 01 September 2009 |
|
Leer Máis...
|
|
|
O pequeno e mediano comercio salvou con éxito a tempada de rebaixas, recortándose tan so nun 5% a facturación do ano anterior. Tras unhas expectativas mais negativas, o sector mellorou as previsións iniciais que agardaban un descenso superior ao 10% e cerrara nestes días a tempada con mellores resultados dos agardados.
Segundo datos da Confederación Española de Comerciantes a cantidade de xénero vendido foi moi similar a do ano anterior e o descenso xustifícase na adopción de maiores descontos para afrontar a crise. En Galicia, as cifras de vendas foron mais discretas, se temos en conta que os mellores resultados se deron nas comunidades valenciana e catalana. Estas cifras e resultados son indicativos do optimismo e confianza que impera no consumidor nas últimas datas, aínda que nos atopamos nunha situación delicada que seguramente se volverá a repuntar coa entrada do outono. |
|
Monday, 31 August 2009 |
|
|
O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) ven de asinar a orde que amplia en 2.000.000 de euros mais o orzamento destinado o plan re-Móvete para dinamizar a venda de vehículos en Galicia.
Estos dous millóns de euros súmanse aos 8.000.000 euros xa aprobados con anterioridade. Estas axudas situaron a Galicia a cabeza do número de matriculacións dando resposta as numerosas demandas de axuda que chegan dos concesionarios adheridos a este plan. O plan re-Móvete naceu do consenso entre o sector da automoción, tras varias reunións co director da factoría PSA Peugeot-Citröen, cos concesionarios e co clúster do automóvil. Estas axudas son compatibles coas do goberno central do Plan 2000E, segúndo o Goberno galego. No caso dos vehículos comerciais, as axudas ascenden ata 1.500 euros para os sectores prioritarios, e son superiores a las abonadas por calquera país da Unión Europea así como polo resto das comunidades autónomas españolas. Para os turismos, as axudas para un vehículo medio dun valor de 15.000 euros aumentan un 40% con respecto ao plan do Gobierno, xa que aqueles vehículos cun precio de entre 10.000 e 30.000 euros percibirán unha axuda directa de 700 euros, mentras que os de valor inferior a 10.000 teñen unha subvención de 500 euros. |
|
Wednesday, 02 September 2009 |
|
|